Efervesciencia

Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións.

  • 18 minutes 38 seconds
    A ecuación do "imprevisible" movemento gatuno
    Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
    9 December 2024, 2:51 pm
  • 56 minutes 5 seconds
    Efer 686 (14-11-24): Enerxía nuclear con @operadornuclear
    (3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia (9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual. (35:09) Damos a solución de onde estaba Carlos Briones. (37:27) Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
    9 December 2024, 2:40 pm
  • 45 minutes 58 seconds
    Enerxía nuclear con @operadornuclear [Versión estendida]
    [Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.
    9 December 2024, 1:34 pm
  • 20 minutes 28 seconds
    O ordenador cuántico do CESGA desvela o "sabor" de frescor
    Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
    22 November 2024, 10:12 pm
  • 12 minutes 8 seconds
    Regalamos 100 entradas de balde ao "Coruña Comunica Ciencia"
    Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,... Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A Chispa Máxica”, música con Germán Díaz e gravación con público de Efervesciencia. Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros de Ceo Aberto, que ofrece aos oíntes 100 entradas de balde. Para conseguir un código de desconto tes que escoitar a entrevista a Ballesteros ou tamén o podes atopar na nosa canle de Telegram, https://t.me/efervescentes https://coruñacomunicaciencia.es/
    10 November 2024, 8:15 pm
  • 1 minute 41 seconds
    Onde está Briones? Gaña un exemplar asinado de "A bordo da túa curiosidade"
    Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa, no podcast e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00.
    10 November 2024, 6:15 pm
  • 56 minutes 42 seconds
    Efer 685 (17-10-24): A bordo da túa curiosidade
    (3:25) Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00. (5:07) Susana Ladra debullamos o Nobel de física 2024 (16:01) Carlos Briones é poeta, escritor, divulgador e investigador científico no Centro de Astrobioloxía-CSIC. Vén de publicar "A bordo de tu curiosidad". Conversamos con el sobre citas científicas, virus, microbiota, vida extraterrestre,... (34:57) Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un *mojito*. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
    10 November 2024, 1:48 pm
  • 1 hour 1 minute
    Efer 684 (10-10-24): Nove anos de ondas gravitacionais, con Alicia Sintes
    (2:37) A astronomía de ondas gravitacionais só ten 9 anos, pero está abrindo unha nova fiestra ao coñecemento do universo. Conversamos con Alicia Sintes, da Universitat de les Illes Balears e membro da colaboración científica LIGO. (16:03) O proxecto de ciencia cidadá "Cycling with clean air" monitoriza, empregando traxectos en bicicleta de voluntarios, a calidade do aire. Unha medición en distintas cidades galegas amosa que no entorno dos colexios a concentración de partículas PM2,5 dispárase logo do día sen coches. Conversamos con Faustino Gómez, presidente de Composcleta, asociación que forma parte da Coordinadora Española en Defensa de la Bicicleta, ConBici. (26:35) José Alberto Rubiño dirixe o proxecto QUIJOTE do Instituto de Astrofísica de Canarias, que estuda a luz máis antiga do universo. Neste proxecto caracterizan a polarización do fondo cósmico de microondas que emite a nosa galaxia na pescuda de evidencias da inflación cósmica. (32:59) As células senescentes están asociadas ás doenzas que se producen no proceso de envellecemento. Asistimos ao I Congreso Internacional da Sociedade Española de Senescencia Celular (SENESCEL), que se celebrou en Santiago de Compostela. Conversamos con Myriam Gorospe (Instituto Nacional de Envellecemento de Baltimore), Sofía Ferreira (Universidade de Edimburgo), Daniel Muñoz Espín (Universidade de Cambridge) e Carlos Anerillas (Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa) sobre as súas respectivas investigacións sobre células senescentes na doenza de alzhéimer, na sarcopenia, na pel, no fígado, no cancro de pulmón ou no medio intercelular.
    10 November 2024, 1:04 pm
  • 57 minutes 34 seconds
    Efer 683 (3-10-24): O escorpión mariño de dous metros da Fonsagrada
    (2:39) Relatamos a fascinante historia de como uns nódulos, descubertos por casualidade entre a lousa durante a construción de pistas en Forcarei, espertaron a curiosidade dun médico e dun profesor de instituto. Case 20 anos despois, no marco das XXXIX Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía, reveláronse os resultados do estudo dos fósiles contidos nesas pedras. Juan Carlos Gutiérrez-Marco, do Instituto de Geociencias - CSIC, e Enrique Bernárdez presentaron o extraordinario achado dun fósil dun escorpión mariño xigante que habitou a zona da Fonsagrada hai 434 millóns de anos. (21:37) Achegámonos ao observatorio de Cotobade para celebrar a Noite Internacional de Observación da Lúa e repasar a traxectoria dos 25 anos da Asociación Astronómica Sirio.
    15 October 2024, 12:00 am
  • 56 minutes 26 seconds
    Efer 682 (19-9-24): Gripe aviar na Antártida e outas historias do Congreso Nacional de Viroloxía
    (0:20) Levamos décadas acurralando á polio. O método para erradicar da terra esta terrible enfermidade enfróntase a un perverso dilema. Pero ningunha opción é valida coas guerras actuais. (4:56) Infiltrámonos no XVII Congreso Nacional de Viroloxía que tivo lugar en Santiago a principios de mes. Alí coñecemos en conversa con Antonio Alcamí (CBM-CSIC) que a gripe aviar vai causar estragos na Antártida o vindeiro verán. Falamos tamén con Jesús López Romalde (coordinador do comité organizador) e Juan García Arriaza (CNB-CSIC). (29:50) Na nosa segunda mesa de convidados contamos con Carmen Rivas (CIMUS), Ana Fernández Sesma (Icahn School of Medicine do Monte Sinaí de Nova York) e Albert Bosch (Universidade de Barcelona).
    25 September 2024, 5:04 pm
  • 26 minutes 22 seconds
    Historias do Ébola [Historias de virus]
    O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola e como acabou investigando esta doenza.l
    24 September 2024, 3:44 pm
  • More Episodes? Get the App
© MoonFM 2025. All rights reserved.