Neste novo Alt-P falamos de videoxogos, facemos un percorrido polo que foi a nosa experiencia persoal neste mundo tan diverso e apaixoante cunha liguaxe apta para todos os públicos. Dende os nosos comezos ata o que agardamos do futuro, a realidade virtual e esa nova modo dos deportes elecrónicos da man de Carlos Morales e Berto Yáñez.
Se todo isto soa chino para ti, está no sitio adecuado. Unha de hora de podcast onde aprender e entender o mundo dos videoxogos dende un punto de vista moi cercano.
21 February 2016, 2:54 pm
10 minutes 24 seconds
#9 Tres series de humor que non atoparás en Netflix
Facemos un repaso a tres series de humor que tiveron pouco percorrido por españa e que de seguro vos farán pasar un tempo diante da tele. Tres series curtas coas que calquera pode relaxarse e pasalo ben.
Música:
Professor Kliq, Wire & Flashing Lights
Spaced Soundtrack
Fligth of the Conchords Soundtrack
Bored to Death Soudtrack
28 October 2015, 9:23 am
26 minutes 38 seconds
#8 Let's Play
Neste novo episodio falamos de xogos para todos, de unha serie de videoxogos con prezos reducidos, doados de xogar e dispoñibles para todas as plataformas para que ninguén se quede sen descubrir o mundo dos píxeles independientemente de cal sexa a súa plataforma, Windows, Mac ou Linux.
8 March 2015, 5:56 pm
29 minutes 46 seconds
#7 Microsoft 10
Co novo ano chega un novo podcast xunto con algúns cambios. Falamos de smartwatches que non son tan intelixentes e algún que o queren ser. Revisamos as Google Glass agora que marchan e Whatsapp web agora que chega. Por último falamos da presentación de Microsoft con Windows 10 como refente.
22 January 2015, 8:19 pm
21 minutes 16 seconds
#6 Aniversarios
Voltamos tras o especial dando as gracias pola acollida e falando de resumos do ano e listas de agasallos, de premios a videoxogos e películas para ver no nadal, tanto de videoxogos como de cine independiente. E evidentemente celebramos uns cantos aniversarios, un por sección para ser exactos.
18 December 2014, 4:35 pm
29 minutes 56 seconds
#5 Especial Podcast
Facemos un percorrido pola creación de un podcast, dende a súa idea e guión ata a súa circulación pasando pola gravación e edición. Falamos das diferentes opcións e métodos e dos programas máis usados. A nova era do podcast está aquí para quedarse, non te quedes fóra dela.
4 December 2014, 3:05 pm
21 minutes 28 seconds
#4 Anuncios
Hoxe tocamos a fibra de aqueles que pasan tempo diante da caixa tonta ou que disfrutaban das pelis dos 80. Falamos do GTA V e do Smash Bros, dos anuncios de Honda, das bicis con rodas de xeo e de algúns documentais interesantes sobre a historia de internet.
27 November 2014, 5:49 pm
18 minutes 39 seconds
#3 Cursillo rápido
Nesta nova newletter sonora falamos de min, do blog, de redes e máis cousas, como as novas películas que van saír este ano, os novos xogos que se presentan, voltamos ao Gamergate para deixalo por fin finalizado e moitas máis cousas en menos de 20 minutos, que máis se pode pedir?
30 October 2014, 4:03 pm
16 minutes 19 seconds
#2 Gamergate
Voltamos con novas sobre Apple, novas tarxetas intelixentes, o difícil e complicado mundo dos videoxogos co Gamergate ao fronte, un fin de semana para disfrutar en Steam e series, como o comezo de The Walking Death ou quen morreu nos Simpson. Para finalizar temos recomendacións para todos os gustos e cores, coma sempre :)
17 October 2014, 2:29 pm
16 minutes 22 seconds
#1 MMO
Comezamos co noso primeiro podcast falando de tecnoloxía, videoxogos, series e todo o que teña algo que ver co mundo friki. Falamos de blizzard, dos novos iPhone, dos mundiais do League of Legend, Big Bang, The Simpsons e moito máis de todo o relacionado coa cultura geek e freak.