Como se un mundo non fose suficiente, o ser humano estivo sempre ideando as posibilidades dos universos alternativos. Neste episodio, a tripulación de Burán fala do metaverso, esa extensión virtual da simple realidade obxectiva e o que pode depararnos. Tamén das súas dimensións lúdicas, o reflexo que tivo no cinema e na literatura e a sombra da distopía que espreita. E escoitando achados como P.R2B, Caetano Veloso ou Camarada Nimoy.
3 June 2022, 9:39 am
55 minutes 40 seconds
Buran 035 (12-05-2022) - reencontros
Segundas partes nunca serán boas, pero os reencontros poden ser gloriosos. Co mesmo espírito das primeiras veces e a experiência que a vida, a pandemia e a crioxénese lles deu, a tripulación de Burán protagoniza un dos reencontros máis agardados dos podcasts galegos. E soando Familia Caamagno, Vera Lynn, Triángulo de Amor Bizarro e o Devalo que pide os desexos que sempre compartimos: volver.
16 May 2022, 8:18 am
57 minutes 23 seconds
Buran 035 (05-03-2020)
Un novo espazo do programa Buran
Podes escoitar este e outros programas na web:
www.radiocampusculturae.org
8 March 2020, 6:44 pm
56 minutes 4 seconds
Buran 034 (20-02-2020)
Un novo espazo de Buran
Podes escoitar este e outros programas en:
www.radiocampusculturae.org
21 February 2020, 10:26 am
1 hour 31 seconds
Buran 033 (03-10-2019)
O universo conspira para que Burán regrese unha temporada máis. O transbordador consegue unha nova conexión co planeta terra para falar de teorías máis ou menos conspiranoicas, contubernios xudeo-masónicos, illuminatis desbocados, simboloxías crípticas na música pop e outras herbas estrañas. Cunha banda sonora que vai choutando por Offspring, Katy Perry, Bad Religion, Madonna e o combo mortal de Arrhythmia con Rebeliom do Inframundo.
4 October 2019, 9:32 am
1 hour 13 seconds
Buran 032 (25-04-2019)
Compartindo piso.
A historia da humanidade é a historia dos compañeiros de piso, unha saga que comeza cando Trog e Urg decidiron que sería boa idea partillar aquela caverna tan mona xuntos e das atrocidades que pasaron despois. Neste episodio contamos con Miguel Baamonde, un autoestopista galáctico famoso por compartir vivenda por todo o planeta e escoitamos grandes grupos que trataron o tema da partilla como Los Hermanos, Beach Boys e outros que coñecedes pola tele.
Podes escoitar este e outros programas na web
www.radiocampusculturae.org
26 April 2019, 6:21 am
1 hour 8 seconds
Buran 031 (04-04-2019)
"Maldita memoria" cóntannos que berran os políticos na Terra antes de cada cita electoral. Neste Burán afondamos no funcionamento deses mecanismos do recordo: a amnesia, hipermnesia e outros síntomas, e tamén repasamos algúns dos filmes que centraron nela a súa trama. Escoitando Baiuca, Yo La Tengo, Fino Coletivo e Gran Purismo entre outras músicas inesquecíbeis.
5 April 2019, 1:26 pm
1 hour 17 seconds
Buran 030 (21-03-2019)
Neste Burán falamos de micronacións, reais ou inventadas, lugares minúsculos e imposibles neste planeta ou en órbita. Con música de Fermín Muguruza, Ataque Escampe e Muse, ademáis dalgún himno máis grande que o país ao que pertence.
22 March 2019, 8:38 am
59 minutes 58 seconds
Buran 029 (07-02-2019)
Un novo espazo de Burán
Podes escoitar este e outros programas en
www.radiocampusculturae.org
8 February 2019, 9:32 am
59 minutes 53 seconds
Buran 028 (10-01-2018)
O amor é un cego guiado por un tolo. O transbordador Burán, porén, está guiado moitas veces por Jonathan Barral, que desde terra nos axuda a orientarnos e polo espacio e polas ondas. Neste programa acompáñanos falando da cegueira e das persoas cegas, na vida e na literatura ou o cinema. Escoitaremos cantares de cego, Hercules & Love Affair ou a Tiago Nacarato.
17 January 2019, 8:56 am
57 minutes 56 seconds
Buran 027 (27-12-2018)
vixésimo séptimo programa dos cosmonautas do transbordador Buran