Sexto Grao

Radio campUSCulturae

A teoría dos seis graos de separación di que dúas persoas calquera do mundo están ligadas entre si por seis lazos de amizade. En cada programa de “Seis graos” falamos cunha persoa sobre seis temas, escoitaremos seis cancións e ao remate daranos unha lista de seis persoas que coñece que lle recomendaría vir ao programa. Ata que grao chegaremos? Que persoas coñeceremos?

  • 1 hour 8 seconds
    Sexto grao 017: Juan David Diaz López (25-10-2019)
    Hoxe sométese ao sexto grao Juan David Díaz López, nado en Lugo nos oitenta. É licenciado en Xornalismo e Historia da Arte, no que fixo o doutoramento sobre a historia dos Hoteis en Galicia. É profesor-titor na UNED en Hª da arte, forma parte do grupo de investigación da USC no que traballa sobre arquitecturas desaparecidas e participa en proxectos de rehabilitación histórica. Playlist 1. Mad Men After Hours - A Beautiful Mine.mp3 2. C418 - floating trees - minecraft volume beta.mp3 3. SMETANA - Moldava.mp3 4. BACH Goldberg Variatio 28.mp3 5. ZIMMER - Interstellar - Mountains.mp3 6. Her - The Moon Song.mp3
    28 October 2019, 8:01 am
  • 1 hour 2 seconds
    Sexto Grao 016: David Lombao (11-10-2019)
    David Lombao, nado en Lugo a mediados dos oitenta, estudou xornalismo na USC, traballou en Xornal de Galicia e actualmente é director de Praza Pública e colaborou con outros medios como Nós TV, a Revista Luzes ou a CRTVG. Playlist 1. Angel Stanish – Señor tosco 2. Novedades Carmiña – A santiago voy 3. Xoel López – A serea e o Mariñeiro 4. Fuxan os ventos – O carro 5. Caxade – E isto é o amor 6. Franco Battiato – L’Era del Cinghiale Bianco
    15 October 2019, 10:21 am
  • 1 hour 8 seconds
    Sexto Grao 015: Fernando Fernandez Rego (27-09-2019)
    Hoxe sométese ao Sexto Grao Fernando Fernández Rego, actualmente o maior cronista de música feita en Galicia. Publicou numerosos libros, colaborou con Rock Deluxe e outras publicacións expecializadas pero é coñecido sobre todo polos artigos musicais para La Fonoteca, e agora como autor de "Unha historia de música en Galicia 1952-2018", un libro imprescindible para comprender a música popular contemporánea feita en Galicia. Nado en Ferrol. Playlist 1. Andrés do Barro – Namoreime no Ferrol 2. Los Tamara – A Santiago voy 3. Los Cafres – Soy una alimaña 4. Espejos y diamantes – Dias de lluvia, tecnolopo y morrisey 5. Baiuca - Morriña 6. Malandrómeda – Festa malandrómica
    28 September 2019, 6:44 am
  • 59 minutes 41 seconds
    Sexto Grao 014: Sergio Salgado (14-06-2019)
    Hoxe sométese ao sexto Grao, Sergio Salgado. Consultor de comunicación e asesor político para varias organizacións. Implicado en varios proxectos de activismo e membro de Xnet, plataforma que traballa en campos relacionados cos dereitos dixitais, a democracia en rede, a loita contra a corrupción e a defensa da internet e o seu uso para a autoorganización e a transformación social. É coautor xunto, con Simona Levi, da obra de teatro «Faiche Banqueiro» e do Libro «Votar e cobrar» baseadas na experiencia co proxecto 15 MpaRato 1ª Acusación cidadá que impulsou o Caso Bankia na Audiencia Nacional e destapou o caso das Tarxetas Black. 1. The Fence - Tim Minchin 2. Freedom - Django Unchained 3. In Ale Gasn - Revolutionary Yiddish Anthem 4. Avalon - The Jazz Age - The Bryan Ferry Orchestra 5. Blondie - Dreaming 6. Khalid - Young Dumb & Broke
    29 August 2019, 7:16 am
  • 1 hour 7 seconds
    Sexto Grao 013: Pepe Cuña (28-12-2018)
    Pepe Cunha leva máis de vinte anos abríndolle as orellas a Galicia, a emoción que xera a música e o descubrimento de novos grupos fíxolle crear unha web, con crítica de concertos e discos, un programa de radio e participar na emisora de ferrolterra Radio Filispim. Hoxe falaremos e sobre todo abriremos as orellas. Playlist 1. Sokram "Mutant Roll" 2. Chrissie Hynde "I Shall Be Released" 3. Narf "Bos amores" 4. Sumrrá "Rosalía de Castro" 5. Guadi Galego "Fronteiras" 6. Carmen París "Jotera lo serás tú"
    28 December 2018, 8:51 pm
  • 1 hour 2 minutes
    Sexto Grao 012 - Xose Manuel Beiras [Parte 2] (14-12-2018)
    Hoxe continuamos coa segunda parte do "Sexto Grao", coa entrevista a unha persoa que non precisa de presentación, Xosé Manuel Beirras Torrado. Playlist:  1. Mercedes Sosa - Alfonsina y el mar. 2. Miro Casabella: o meu país [De voces Ceibes a Milladoiro] 3. Luis Cília - "Meu país" 4. Lluis Llach: Nubol blanc 5. Luis Cília - "Asomar meu país"
    16 December 2018, 3:38 pm
  • 59 minutes 28 seconds
    Sexto Grao 011 - Xosé Manuel Beiras
    Hoxe sométese ao sexto grao unha persoa que non precisa de presentación, Xosé Manuel Beirras Torrado.
    1 December 2018, 6:38 pm
  • 57 minutes 3 seconds
    Sexto Grao 010 - Oscar Antón Perez
    Hoxe sométese ao sexto grao... Oscar Antón Perez, nado na parroquia de Oirán en Mondoñedo, fillo de labregos e dun tempo de loitas sociais, non dubidou en formarse como Enxeñeiro Técnico Agrícola e en envolverse en movementos culturais, sociais e políticos. Actualmente traballa como asesor da denominación de Orixe Protexida do Pemento de Herbón e redactor técnico da revista Afriga, entre outros moitos. Preocupado polo seu país e polo seu tempo, escribe artigos de opinión en Praza.gal e no seu blogue Acheite. Playlist de Oscar Antón Perez: 1.-Tratorada. Rastreros. Disco Union Bravú. 1996 2.- O meu amor, Leilia. Madama. 2003 3.- Rock And Roll. Led Zeppelin. Led zeppelin IV. 1971 4.- O viramundo. Bethânia, Vinicius, Toquinho. La Fusa. 1972 5.- Alborada Jazz. Guadi Galego, Anxo Angueira e Abe Rábade. Disco Rosalia 21. Ano 2009
    4 May 2018, 7:31 pm
  • 1 hour 2 minutes
    Sexto Grao 009 - Lorena Souto
    Hoxe sométese ao Sexto Grao Lorena Souto, nada no Páramo en Lugo, estudou filoloxía galega en Compostela, cidade na que viviu ata hai alguns anos en que marchou a Gales como profesora universitaria de galego e para rematar a súa tese de doutoramento. Escritora de varios poemarios galardoados en diversos concursos como Fase de Trema ou Coleópteros, así coma outros proxectos culturais. Con ela usaremos as palabras para falar da palabra. Playlist seleccionada por Lorena Souto: 9Bach-Ffarwel (Tincian) Noise Project – A casa do ancián (Asuntos que se resolven co tempo) Baiuca – Solaina (Faiado) A ruta invisible – (Fractura). O proxecto con David Miranda en primicia. Glass Animal - Psylla Dafydd Iwan – Yma O Hyd
    13 April 2018, 6:44 pm
  • 1 hour 1 minute
    Sexto Grao 008 - José Ramóm Pichel
    Hoxe sométese ao sexto grao José Ramóm Pichel Campos, nacido no 72 na cidade de Compostela ao terceiro dia exilou-se na Travesa de Vigo e con orixes na Terra de Montes. Enxeñeiro informático pola UDC, cofundador de Imaxin Software no 1997 leva anos investigando e traballando no campo do software e as linguas. Escritor en moitas publicacións como o Galicia Hoxe, Novas da Galiza e diversas revistas así como varios libros como “O galego é uma oportunidade”. Playlist de José Ramóm Pichel: Eclectica Ensemble - Arrole (Ugia Pedreira, Chito) Tom Ze - Esquerda, grana e direita Aline Frazao - Insular Negu Gorriak - MATXINATU VALS-A Caldeirada - Home Maquina (con Hevi) Rage against the machine - Ghost of Tom Joad
    16 February 2018, 10:25 pm
  • 1 hour 10 seconds
    Sexto Grao 007 - Danny Barreto
    Hoxe sométese ao sexto grao Danny Barreto, Portorriqueño nado na emigración nos Estados Unidos, é profesor da universidade de Colgate en Nova Iorque. Doutorouse cun estudo sobre a literatura galega do século XIX, ten estudado o impacto da cuestión nacional, a sexulidade, o xénero e a língua na literatura e agora centra a súa actividade docente e investigadora nos estudos LGBTI. Playlist de Danny Barreto: "La Borinqueña" - Lizbeth Román "Lamento borincano" - Daniel Santos "Querido FBI" - Calle 13 "Toca madera" - Los Wálters "Tomboy" - Princess Nokia "El gran varón" - Willie Colón
    3 February 2018, 10:19 pm
  • More Episodes? Get the App