Programa musical de Radio Burela, dirixido por Marco Pereira coa colaboración especial de Elena Valle. Un espazo dunha hora semanal, emitido todos os venres entre as sete e as oito da tarde. Unha iniciativa feita desde a Mariña do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes voces do noso mundo. As da música galega e as dos países que acolleron e deron vida ao noso idioma: as grandes voces de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Mozambique... e aínda máis.