Efervesciencia

Efervesciencia

Doses de ciencia sen contraindicacións.

  • 9 minutes 28 seconds
    Agasallamos con 100 entradas de balde para o "Coruña Comunica Ciencia"
    Do mércores 11 ao venres 13 de febreiro de 2026 terá lugar a segunda edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Eduardo Sáenz de Cabezón, Eva Cabanelas, Rocio Vidal (La Gata de Schrodinger), Patricia Barciela, Dosi Veiga, o cirurxián Diego González Rivas... Tamén se representará o espectáculo “Elemental”, haberá unha charla-concerto de música e matemáticas con Laura Farré, musica e IA con Sofía Oriana e gravación con público de Efervesciencia. Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros de Ceo Aberto, que ofrece aos oíntes 100 entradas de balde. Para conseguir un código de desconto tes que escoitar a entrevista a Ballesteros ou tamén o podes atopar na nosa canle de Telegram, https://t.me/efervescentes https://coruñacomunicaciencia.es/
    9 February 2026, 6:00 am
  • 56 minutes 2 seconds
    Efer 727 (29-12-25): Estrelas masivas e a misión Euclid da ESA explicadas desde o Astrogalicia
    Visitamos a XI edición de Astrogalicia en Arzúa. (1:58) O radioastrónomo Ricardo Rizzo estuda as estrelas que viven rápido, morren novas e deixan un cadáver fermoso, as estrelas masivas que expulsan nun segundo 4000 veces a masa do Everest. Sergio Pereira impartiu un obradoiro de análise de datos da misión Gaia. (20:32) Francisco Castander, Instituto de Ciencia do Espazo-CSIC, preséntanos a misión Euclid da ESA que vai medir amplas rexións do universo para estudar a materia e a enerxía escura. (33:00) Javi Molder impartiu o obradoiro de radioastronomía amadora no Astrogalicia. (35:55) Juan Ángel Vaquerizo (proxecto CESAR da ESA, INTA e ISDEFE) e Marcos Merinero (proxecto ESERA da ESA) traballan en proxectos educativos de astronomía e ciencias do espazo. (50:26) Leticia Pereiras da Asociación Polaris impartiu o obradoiro de astrofotografía no Astrogalicia.
    6 February 2026, 12:37 pm
  • 18 minutes 46 seconds
    Atopan hibridación en paxaros de dous xeneros separados hai 7 millóns de anos [Paxaros na cabeza]
    Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan "o coro do mencer". Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución converxe. Os especialistas quedaron pampos ao atoparen unha hibridación entre dous xéneros de paxaros separados 7 millóns de anos.
    5 February 2026, 7:49 pm
  • 57 minutes 59 seconds
    Efer 727 (25-12-25): Arqueoastronomía no Sáhara Occidental
    (2:11) Marcelino Veiguela desenvolveu unha investigación sobre o ensino STEM mediante miniproxectos experimentais no cárcere de A Lama. (12:01) De onde vén a escala de temperaturas que usamos todos os días? Nova efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (17:09) A arqueoastrónoma do INCIPIT Andrea Rodríguez Antón lévanos aos ceos do Sahara Occidental e a súa relación coa xente que viviu e vive nese territorio agora ocupado por Marrocos. (36:24) Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan "o coro do mencer". Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución converxe. Os especialistas quedaron pampos ao atoparen unha hibridación entre dous xéneros de paxaros separados 7 millóns de anos.
    2 February 2026, 12:18 am
  • 1 hour 2 minutes
    Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor
    (2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de "Més que ciencia", un proxecto que utiliza novas tecnoloxías para levarlle a ciencia a persoas maiores e con Jennifer García da asociación de mulleres "Hypatia Mars" que promove a exploración espacial inclusiva con misións na Mars Desert Research Station. (28:17) Efeméride do 20 de novembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (29:49) Na nosa segunda mesa de convidados dos premios **Prismas** contamos con Xaviera Torres, creadora do podcast de RNE Sapiensantes; con Stéphanie Aparicio, galardonada por "Auga clara", un proxecto de divulgación sobre a utilización da auga no medio urbano; e con Emilio García, membro do Instituto de Astrofísica de Andalucía, que recibiu o premio especial do xurado. (52:22) Ademais, unha investigadora do mesmo instituto andaluz, Sara Cazzoli, fálanos de "Clementina e os planetas", un espectáculo teatral con marionetas sobre o noso sistema solar que están a preparar coa compañía galega Nauta Teatro.
    24 January 2026, 7:07 pm
  • 56 minutes 53 seconds
    Efer 724 (13-11-25): Embarcamos co CIM
    Embarcámonos na xornada de portas abertas do CIM, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, acompañados polo seu director Daniel Rey. Conversamos coa xenetista Paloma Morán sobre a reprodución do mexillón e a produción de mexilla (2:29) e coa especialista en criobioloxía de invertebrados mariños Estefanía Paredes (16:54). Con Jesús López do grupo EcoCost visitamos o visor submarino mariño Nautilus no Porto de Vigo (24:43). A astrofísica Ana Ulla cóntanos a súa investigación en tardígrados mariños como seres extremófilos que viven en contornas análogas ás lúas conxeladas do sistema solar (28:54). O coordinador da Rede de Escolas Azuis de Galicia é Andreu Blanco (37:29). Embarcamos no barco Nautilus da empresa Ocean Secrets, capitaneado por Andrés Blanco Rotea, especializado en divulgación ambiental (41:32). Coñecemos cun ROV submarino a Ría de Vigo, pescamos plancto cunha manga e atracamos no peirao da Illa de Toralla para visitar a Estación de Ciencias Mariñas ECIMAT.
    19 January 2026, 8:17 pm
  • 40 minutes 13 seconds
    Mates e malabares con Pablo Reboleiro e Elena Vázquez [Versión estendida]
    [Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego "A serie Clopen". Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena Vázquez Abal.
    10 January 2026, 8:21 pm
  • 55 minutes 21 seconds
    Efer 723 (16-10-25): Malabares e mates
    (4:09) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, estrea sección en Efervesciencia sobre mitos en saúde mental. (15:50) Efeméride do 16 de outubro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (16:55) O primeiro ordenador da historia non era tal. Nolo conta Javier Pedeira "Wicho". (28:10) Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego "A serie Clopen". Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena Vázquez Abal.
    10 January 2026, 7:36 pm
  • 1 hour 9 seconds
    Efer 722 (9-10-25): Como o sistema inmune evita o fogo amigo
    (3:44) Dime como é o teu cerebro e direiche quen son os teus amigos. Isto é o que se desprende dun traballo publicado en Nature Human Behaviour. (14:55) O Nobel de medicina de 2025 foi para a tolerancia inmunolóxica periférica, un segundo sistema do noso corpo para evitar o fogo amigo dos linfocitos T. Conversamos con Iria Gómez Touriño, líder do grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do CIMUS. Recentemente publicaron en Nature Communications un traballo no que desvelan un novo mecanismo de autoreactividade que ataca ás células do páncreas dos recén nacidos e que é necesario para a correcta formación deste órgano. Mecanismo que, se non está ben balanceado no tempo, pode causar diabetes tipo I. (39:12) Efeméride do 11 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (40:43) Juan Manuel Bermúdez do CICA - UDC Solid debúllanos o premio Nobel de química 2025 para os MOFS, andamiaxes metaloorgánicas.
    8 December 2025, 6:00 am
  • 55 minutes 5 seconds
    Efer 721 (18-9-25): Buratos negros que saen disparados
    (3:07) Publícase en Nature a análise dunha biofirma detectada polo rover Perseverance en Marte. Borja Tosar dános o contexto deste achado. (17:06) Efeméride do 18 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (18:08) Os buratos negros cando coliden e se fusionan saen disparados a 5000 km/segundo. Este resultado foi publicado en "Nature Astronomy" polo grupo de ondas gravitacionais do IGFAE. Conversamos con Juan Calderón Bustillo. (41:18) Carolina Brea preséntannos a edición deste ano do Open Science Cambre. (43:05) A Unión Astronómica Internacional vén de bautizar un asteroide co nome Ferrinmoreiras na honra de Antonia Ferrín. Repasamos a traxectoria desta astrónoma pioneira da man da profesora xubilada de astronomía Josefina Ling.
    2 December 2025, 6:06 pm
  • 59 minutes 59 seconds
    Efer 720 (11-9-25): Os códigos invisibles da leria
    (1:56) O "aerotrastornado" Javier Pedreira "Wicho" cóntanos como fan os avións comerciais para aterrar cando falla o GPS. Non, non é utilizando mapas de papel. (11:09) (11:09) Conversamos sobre os poderes da conversación con Estrella Montolío, catedrática de lingua española da Universidade de Barcelona. (46:42) Efeméride do 11 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (49:04) Josep Rotllant (IIM-CSIC) explícanos como atoparon que o sistema de resposta ao estrés dos polbos non ten que ver co que acontece nos vertebrados.
    26 November 2025, 10:00 am
  • More Episodes? Get the App